20/11/09

O APALPADOR

XURXO L. VALCÁRCEL GIL, PAI DUNHA ALUMNA DA NOSA ESCOLA FAINOS CHEGAR UNS APUNTAMENTOS MOI INTERESANTES SOBRE A FIGURA DO "APALPADOR" QUE POR ESTAS RÍAS BAIXAS RESÚLTANOS MOI DESCOÑECIDA. CITANDO PALABRAS TEXTUAIS DO FINAL DO SEU TEXTO :

"O Apalpador é o que nos resta dun antigo deus precristián, que agora só mantén as funcións de anunciador infantil da fartura e da protección, simbolizadas nun leñador que convirte a madeira en carbón, fonte de luz e calor, e que é doador de froitos.
É a nosa responsabilidade que non se esqueza o rito, o símbolo, o costume que se supón estivo estendido por toda Galicia, e que se mantivo vivo ó longo dos séculos nos puntos máis afastados da nosa "

SE QUEREDES SABER MÁIS NON DEIXEDES DE LER O RESTO DO INTERESANTE TEXTO.
ADEMAIS, COMPUXO UN POEMA TITULADO " A NOITE DO APALPADOR" QUE NOS LEVA A VIVIR INTENSAMENTE ESTES TEMPOS DE MAGOSTOS E PAISAXES OUTONAIS.
MOITAS GRAZAS XURXO POLA TÚA COLABORACIÓN E ESPERANDO QUE NON SEXA A ÚLTIMA .

1 comentario:

  1. Vén de sair do prelo, editado por BIBLOS, un fermosísimo conto para nenos e maiores de Xoán G. co título de "O Apalpador". Se o texto é moi fermoso, as ilustracións que o acompañan non o son menos. Nel explícase de xeito precioso e sinxelo quen é, como vive nas montañas e a que se adica este personaxe máxico e bondadoso da mitoloxía do noso país.
    Considéroo unha aportación fundamental na recuperación da tradición. A ter en conta como agasallo no vindeiro Nadal. Cecais poida traelo o mesmo Sr. Apalpador.

    ResponderEliminar