18/12/10

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

ESTE NADAL A CARACOLA PREPAROU UNS MARCA-PÁXINAS MOI ESPECIAIS PARA OS/AS NOSOS/AS LECTORES/AS, TEMOS PARA OS/AS INFANTÍS, PARA OS/AS QUE EMPEZAN A LER, PARA OS/AS QUE XA SON AUTÓNOMOS E PARA EXPERTOS.
NO NOSO COLE XA TEMOS OS NOSOS PERO TI BUSCA O TEU E ATOPARAS ESE LIBRO QUE PEDIR OS REIS OU A PAPÁ NOEL.





13/12/10

EMPRÉSTITOS DE LIBROS DA BIBLIOTECA DE CHAPELA







A biblioteca de Chapela vén de emprestarnos un feixe de libros e películas que teñen que ver co proxecto que estamos a traballar. Aí van unhas fotos da exposición temporal que montamos na nosa biblio para que podades botarlle unha ollada.






2/12/10

VISITA AO MULTIUSOS




O alumnado de 5º e 6º visitou a exposición " Máquinas Absurdas" do escultor Bernardo Seoane. Tivemos a grande oportunidade de falar co autor das devantitas máquinas, explicándonos detalladamente o proceso de deseño e elaboración das súas obras. Tamén tivemos a oportunidade de consultar os fondos da Biblioteca para pescudar acerca de grandes inventores/as e deseñadores/as.


1/12/10

LIBRO DA SEMANA


Acaba de chegarnos á escola o libro da nosa compañeira Eva Rivas relatando a súa experiencia sobre o seu accidente cardiovascular. Un libro cheo de coraxe recomendable para adult@s.

30/11/10

VISITA Á EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DE CHAPELA

Hoxe, o alumnado do 3º ciclo visitará a exposición de Bernardo Seoane sobre " Máquinas absurdas".
Xa vos contaremos....

TARXETAS VERMELLAS

O alumnado de 6º curso sacou tarxeta vermella a diferentes aspectos relacionados coa violencia machista .



27/11/10

CAMBIANDO A HISTORIA...

Ola amig@s da Caracola Tola.Como vos vai?
"@s infantís" estamos reflexionando sobre as ocupacións das mulleres e dos homes da prehistoria. Decatámonos de que cada un tiña o seu papel fundamental para a supervivencia da tribo.
Aínda que o principio pensamos que as ocupacións dos homes eran máis "importantes", despois de darlle moitas voltas, chegamos a conclusión de que todas eran igual de importantes e necesarias.
Pero... é se cambiamos un pouco a historia??? Despois de moita reflexión as nenas decidiron dedicarse a caza e os nenos a recollida de leña. Foi moi divertido!!!
Mirade como o plasmamos graficamente...







"Nenas... a cazar!!!! Nenos... a recoller leña!!!!
"A EDUCACIÓN E A REFLEXIÓN SON FUNDAMENTAIS PARA MEDRAR NA IGUALDADE E PREVIR A VIOLENCIA DE XÉNERO"
25 DE NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


22/11/10

CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

TREBOADA
XA CHEGA A TREBOADA
XA CHEGA POLO NORTE
VEN CARGADA DE SANGUE
VEN SEDENTA DE MORTE

TREBOADA DE AREA
TREBOADA DE SAL
QUE SE LEVA ÓS CATIVOS
NON NOS DEIXA MEDRAR

TREBOADA DE AREA...¡NON A QUERO!
TREBOADA DE SANGUE... ¡NON A QUERO!
TREBOADA DE MORTE...¡NON A QUERO!
CHEGA POLO NORTE PARA ONDE SE IRA

TREBOADA MALDITA
DA DESESPERACIÓN
QUE MALTRATA AS MULLERES
QUE ROMPE OS CORAZÓNS

VAI E METE NO MEDIO
ANQUE POIDAS MORRER
QUE TODO O QUE LEVA O VENTO
NON SE PODE ESQUECER.

Letra e música: Antonio Saco.
Lume (para que saia o sol) . Lamantumbá

20/11/10

LIBROS PARA O 25 DE NOVEMBRO


Libros que nos axudan a loitar contra a violencia machista

18/11/10

OES, EU LEO!

Hoxe foi a presentación na aula de 6º do programa de animación á lectura " Oes, eu leo!".Ofértase unha selección moi interesante de dez libros con autores/as de recoñecido prestixio da literatura infantil e xuvenil;poderemos LER ESCOITANDO parte dos contos e nun punto determinado seguir cos libros.
Seguro que gozaremos moito con esta actividade!
Antes de dita presentación xa fixemos algunhas actividades que vos mostramos.


16/11/10

BOAS NOITES

Mostra do traballo realizado plo alumnado de 3º na hora di Biblioteca.

15/11/10

POSTAIS CON DESCUBERTAIS




Para comezar o curso, moitas das familias enviáronnos tarxetas postais co fin de facernos chegar a súa opinión sobre a descuberta máis importante da humanidade.
Coma sempre, a Caracola Tola quedou impresionada da grande participación e da altísimo calidade da maioría dos traballos.
Estamos a descubrir moitas cousas nesta actividade.
Grazas pola vosa colaboración!

11/11/10

AS PRIMEIRAS DESCUBERTAS

EMPEZAMOS AS NOSAS DESCUBERTAS POLO PRINCIPIO DOS TEMPO, É DICIR, A PREHISTORIA.
DENDE A BIBLIOTECA DEIXÁMOSVOS UN CONTO "PREHISTÓRICO".

4/11/10

A SUXESTIÓN LECTORA DA SEMANA

QUERES CONSTRUIR UNHA MÁQUINA DE NEVE?, FACER UN INSECTO ROBOT?, OU BEN UN DETECTOR DE MENTIRAS? AQUÍ TES O LIBRO QUE PRECISAS:


"BATERIAS EN ACCIÓN" DA EDITORIAL CATAPULTA

A VOLTAS COAS MOCHILAS DE INFANTIL


PARA TODOS/AS QUE TIVÉCHEDES PROBLEMAS COAS MOCHILAS AÍ VAI UNHA POSIBLE SOLUCIÓN QUE NOS BRINDA, UNHA VEZ MÁIS, SONIA A NAI DE BRAIS REY.


MOITAS GRAZAS



28/10/10

AS MOCHILAS DE E. INFANTIL DA CARACOLA TOLA



Hoxe comezan os préstamos coas novas mochilas de E. Infantil.


Grazas mil a Sonia, nai de Brais Rey, que levou un traballo tremendo cosendo e colocando as tarxetas en cada mochila; deste xeito é difícil que se perdan ou que se confundan unhas con outras.


Sabemos que o alumnado de infantil está desexando empezar esta actividade xa que houbo moita motivación previa.


Boas lecturas !


23/10/10

NOVA ANDAINA PARA AS MOCHILAS VIAXEIRAS



As mochilas xa empezaron unha nova andaina este curso polas diferentes familias da escola. O caderno viaxeiro deste ano leva por título " Descubertas lectoras" e desexamos ler as achegas das familias e o que teñen descuberto por medio dos libros. Boa viaxe e boas lecturas!

18/10/10

LECTURAS PARA COMPARTIR
Hoxe tivemos a primeira reunión coas familias interesadas nesta actividade; xa sabedes que é un servicio de intercambio de libros para prestarse entre familias e no que participa tamén o profesorado.
A partires de que recibades a notificación, xa podedes traer os vosos libros á biblioteca. Hai algunhas novidades que xa comunicaremos oportunamente.
Agárdanos un curso con moitas sorpresas lectoras!
Grazas pola vosa asistencia!

12/10/10




Á DESCUBERTA DOUTRAS BIBLIOTECAS
O alumnado de 6º curso vimos de pasar unha semán en Salamanca e tivemos a sorte de poder visitar a biblioteca da Fundación Sánchez Ruipérez. Alí descubrimos xeitos de buscar libros, de coñecer os contidos e moitas cousas máis. Seguro que aproveitaremos o que alí aprendimos.






29/9/10

II ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES E MUNICIPAIS DE REDONDELA

Vense de celebrar o II Encontro de Bibliotecas Escolares de Redondela, podedes acceder á información na seguinte ligazón.
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/search/label/Bibliotecas

OUTRO XEITO DE LER

Aí vai outro xeito de ler ao noso admirado autor Jimmy Liao!A nosa proposta consiste en observar atentamente as ilustracións, escoitar a canción e...falar dos sentimentos que nos transmite, da historia que se conta, dos pequenos detalles..Non deixedes de facer comentarios ao remate!


21/9/10

ATA SEMPRE LABORDETA











Lembramos a Labordeta como escritor.




UN REGALO DA UNESCO PARA A HUMANIDADE

Xa podemos acceder á Biblioteca Dixital Mundial no seguinte enlace:

<http://www.wdl.org/es>

Non deixes de visitalo.

12/9/10

MÚSICA PARA LER

Descubrindo novas historias axudándonos da música clásica.

6/9/10

DESCUBRINDO LIBROS











Dentro do noso Proxecto " Ás Descubertas" estamos consultando, entre outros estes libros.








2/9/10

Á DESCUBERTA DO LIBRO TOTAL

Xa estamos aquí de novo e ,para facer boca, remitímosvos a esta páxina para que fagades unha boa descuberta:

http://www.ellibrototal.com/ltotal/

20/7/10

ALMANAQUE DE VERSOS

Este é o resultado da miña Licenza de Estudos: escolma de recursos poéticos e musicais para o currículo lingüístico do terceiro ciclo con proposta de actividades sobre ditos poemas e cancións.

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

23/6/10

CHEGAN AS VACACIÓNS!!!


Dende a biblioteca da Caracola Tola queremos desexarvos un feliz verán e animarvos a que sigades lendo un montón.
Xa vos adiantamos que para o curso que vén podedes ir sacando os vosos traxes de detectives do armario porque faravos falla para descubrir e investigar moitas cousas.
Ata setembro!!!!

HISTORIA DO GALEGO

No blog "O recanto de Mik" atopamos esta "HISTORIA DO GALEGO" que nos gusta


20/6/10

ADEUS SARAMAGO

Como xa saberedes o 18 de xuño morreu o xenial escritor José Saramago. Dende aquí vai a nosa pequena homenaxe recordando un conto del:

17/6/10

PRESENTACIÓN DO CADERNO DE BITÁCORA PARA FAMILIAS LECTORAS

Xa temos as fotos en exclusiva da presentación do CADERNO DE BITÁCORA PARA FAMILIAS LECTORAS.



10/6/10

BOLETÍN XUÑO

Para todos os impacientes que non poden esperar a telo en papel, xa temos o boletín de xuño en internet!!
boletin xuño 2010

7/6/10

ANO DA LECTURA

Como xa dixemos algunha vez, o ano 2010 está adicado á lectura. Dende a biblioteca da Caracola Tola queremos facervos chegar este calendario que nos parece moi bonito.

26/5/10

HOMENAXE Á POESÍA

A artista Luz Darriba colocou poesía nas árbores da praza maior de Lugo para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mirade que idea máis bonita:

20/5/10

Volcán Eyjafjallajokull

Como sabedes o volcán Eyjafjallajokull de Islandia, entrou recentemente en erupción. Deixámosvos con este video que mostra as imaxes deste acontecemento, botádelle unha ollada e xa veredes que alucinante!

video

19/5/10

ÚLTIMO CONTACONTOS!!!


Este venres 21 de maio, ás 18:30 hai que asistir a Biblioteca de Redondela a escoitar o último contacontos do curso, xa que despois descansarán o verán para cargar as pilas para o curso que vén. Non volo perdades!!!

18/5/10

Illa San Simón

Estes días, chegou as nosas mans un video sobre a Illa de San Simón que queremos compartir con vós. Velaí vai:

13/5/10

17 de maio

Pensando nno luns, e na celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o alumnado do terceiro ciclo fixo unhas actividades fantásticas. Se queredes pasalo ben, mirade:

Revista 5º e 6º

11/5/10

HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA



A Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixidas polas concelleiras nacionalistas Ánxeles Babarro e Rosa Costas, respectivamente, organizan a celebración do acto de Homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica este ano o día das Letras Galegas.

O acto contará coa colaboración do alumnado dos cursos de alfabetización de persoas adultas e de poboación inmigrante, que farán unhas lecturas da biografía e de poemas do autor, que tamén serán traducidos as diferentes linguas de orixe do alumnado (árabe, francés, e alemán).
A continuación haberá unha actuación musical a cargo do grupo Na Virada, que trae entre o seu repertorio algúns poemas de Novoneyra e que nos achegará unha visión máis humana e persoal do autor a través da relación persoal que tivo con el Xico de Cariño, un dos seus compoñentes.
Para facilitar a asistencia das nais e pais que teñan nenos pequenos, durante o acto haberá unha coidadora que se encargará da atención e coidado dos pequenos e pequenas que o necesiten, que quedarán ao seu cargo nunha sala a carón do lugar onde se celebrará o acto.

A Homenaxe a Uxío Novoneyra celebrarase o vindeiro venres 14 de maio, ás20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.

6/5/10

1ª XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

Acaba de rematar a primeira xuntanza das bibliotecas de Redondela (escolares e municipais) celebrada no noso cole, cun balance moi positivo. Recordade esta data porque a partir de agora as nosas bibliotecas darán MÁIS de que falar.

5/5/10

POEMAS DE NOVONEYRA

Dende a "BIBLIOTECA DO COLE" do cole de Quintela- Moaña, chéganos esta presentación feita polo EDNL do seu centro. A nós encantounos, que vos parece a vós?

4/5/10

FOLERPAS DE NOVONEYRA

Se queredes saber máis sobre Uxío Novoneyra, a quen se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, botádelle unha ollada a este libro escrito por Fran Alonso, que temos na biblioteca da Caracola Tola.

30/4/10

DESCUBRINDO NOVAS EXPRESIÓNS...

... hai pouco chegounos esta presentación sobre outra manera de facer ARTE. Esperamos que vos guste tanto como a nós!!!

28/4/10

AGASALLO DA BIBLIOTECA DO FRIOL-TEIS

Acabamos de recibir un pequeno agasallo ( Se premedes na imaxe veredes o blog da friolteca).O logotipo de "Vale a pena ficar de ollho nesse blog!
As condicións que hai que cumprir para podelo insertar no noso blog son
Por unha banda colocar o logotipo co enlace ao blog que che concedeu a distinción. Doado de facer, sobre todo tendo en conta de onde nos chegou.
A segunda esixe que o noso blog designe outros dez que merezan tal distintivo.
Nós consideramos que o listado que poñemos a continuación son merecedores , por razóns diversas do citado logotipo:

- Ktivadas: http://www.ktivadas.blogspot.com/

-Artexpress- Expressyourself :http://www.artexpress-expressyou.blogspot.com/

- A arte do último curso: http://ceipalexandrebovedaultimocurso.blogspot.com/

- O recanto de Mik: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

- Biblioteca do cole: http://www.bibliotecadocole.com/

- As novas da biblioteca: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/

- Beleblog: http://bibliobelesar.blogspot.com/

- Made in Galiza: http://www.blogoteca.com/madeingaliza/

- Implicadas: http://implicadas.blogaliza.org/virtua/

- Trafegando Ronseis: http://trafegandoronseis.blogspot.com/

26/4/10

PENSANDO NAS LETRAS GALEGAS

Como sabedes, o 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado a UXÍO NOVONEYRA, para que o vaiades coñecendo:

23/4/10

MAQUETAS ALICIA

Aproveitando que os do instituto de Chapela nos deixaron as maquetas do conto de Alicia, os nenos e nenas de educación infantil traballamos a fotografía. Se queredes ver que artistas somos mirade a seguinte presentación:
Presentación aLICIA DEFINITIVA

22/4/10

XA CHEGOU O DÍA!!!

Aquí vai un adianto do que vai acontecer hoxe na biblioteca da Caracola Tola. Por certo, as maquetas están feitas polo alumnado do ciclo de educación infantil do I.E.S de Chapela e os debuxos por unhas mamás moi colaboradoras. Moitas grazas a tod@s!

XA NON QUEDA NADA!!!

Mañá é o día!!! Estamos a piques de mergullarnos no País das Marabillas! Para facervos a espera máis liviá deixámosvos con outra versión de Alicia.

21/4/10

CONTOS PARA LEVAR NO PETO

Seguindo co itinerario lector de 5º curso, deixámosvos esta guía de traballo do libro "Contos para levar no peto" dos autores:
Marilar Aleixandre
Fran Alonso
Xosé A. Neira Cruz
Antonio Reigosa
ILUSTRADOR: Fran Jaraba
Edicións Xerais

19/4/10

XA NON QUEDA NADA...

O Día do Libro está a piques de chegar. Lembrade traer os vosos libros ou películas de Alicia para facer a exposición.

14/4/10

V ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA DE CHAPELA

O vindeiro Mércores 14 de Abril é o V Aniversario da Biblioteca de Chapela.
Para festexalo, contarán coa presenza de Yolanda Castaño a partires das 20:00h e estades todos convidados.
A actividade está dirixida a público de todas as idades, é gratuita e con aforamento limitado.
Deixámosvos unha pequena mostra da súa arte para que vos animedes.


10/4/10

ENTRANDO NO MUNDO DE ALICIA

Este ano, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, entraremos, con ALICIA, NO PAÍS DAS MARABILLAS. Para ir abrendo boca e aproveitando que Tin Burton pronto estreará a película deste libro deixámosvos co trailer da mesma.

7/4/10

XOGOS POPULARES

Xa está a piuques de chegar unha nova edición dos xogos populares onde participará o alumnado do terceiro ciclo de primaria e do instituto.
Dende a Biblioteca da Caracola Tola queremos animarvos para que o pasedes moi ben e recomendarvos dous libros onde podedes atopar información sobre estes xogos.
"Chirlosmirlos" de Antón Cortizas. "O libro dos xogos populares" de Paco Veiga

6/4/10

23 de abril

Como xa sabedes o día do libro está preto, e na Biblioteca a da Caracola Tola acontecerán cousas moi estrañas... ídevos preparando!

Mentres isto non sucede, deixámosvos o cartel que propón a UNESCO para este día

23/3/10

BOLETÍN MARZO 2010

Xa podedes ver o boletín deste trimestre on-line!

21/3/10

21 de Marzo: Día da Poesía.

Neste día, lembramos a recomendación que nos fai Manuel Rivas no libro de poemas "A desaparición da neve". Se queredes ser poetas...




18/3/10

LIBROS DE POESÍA

Mentres agardamos ao Día da Poesía, deixámosvos con este libro onde atoparedes diversos bechos de forma poética.

CALIGRAMAS

Este ano para conmemorar o DÍA da POESÍA (21 de marzo), decidimos poñer a proba ao noso alumnado e poñerlles a facer caligramas. E este foi o resultado:

15/3/10

ATA SEMPRE MIGUEL

(Pincha na imaxe opara obter máis información sobre Delibes)
Como xa sabedes, este fin de semana deixounos o escritor Miguel Delibes, e dende a biblioteca da Caracola Tola non podiamos pasar sen facerlle unha homenaxe, xa que, como di Joaqúín Pérez Azaústre, "Falamos dun dos autores españois máis traducidos e institucionalizados, máis lidos e referenciados, de modo que o seu so apelido xa é equivalente, como escoitei nalgún telexornal, a Literatura".