5/5/10

POEMAS DE NOVONEYRA

Dende a "BIBLIOTECA DO COLE" do cole de Quintela- Moaña, chéganos esta presentación feita polo EDNL do seu centro. A nós encantounos, que vos parece a vós?

2 comentarios:

  1. Onte, nove de maio, asistín a unha emocionante homenaxe que se lle fixo ó grande Novoneyra alí onde el dixo que sempre foi bosque, no seu país alto do Caurel, na súa casa. E como son un pesado e cada vez que entro aquí é para recomendar algo, sigo coa miña teima aconsellándovos agora unha visita a aquelas montañas e vales de inmensa fermosura. Facédea con respecto e silencio; son precisos para podermos entender a voz da terra . O Caurel é o mellor libro entre os que falan do poeta.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme unha presentación preciosa. Moitas grazas por dárnola a coñecer.

    ResponderEliminar