15/3/12

PREPARANDO O DÍA



DAME DA BOCA UNHA FALA

Levamos varios de preparación na nosa escola: ensaiando as súas cantigas, recompilando datos da súa vida, escribindo poemas cos títulos das súas cancións, preparando as presentacións, montando mercados, pescudando sobre os oficios tradicionais, .... unha chea de actividades sobre a Sra. Carmen ( de Malvela) que o venres 16 visitará a escola.
Foi un traballo conxunto dos departamentos de Biblioteca, Dinamización e Tics do que estamos moi satisfeitos.O traballo cooperativo comeza a dar os seus froitos.
A nosa idea foi agrupar diferentes celebracións arredor dun eixe central ( a visita da Sra. Carmen) traballando o Día da Muller, o día de Rosalía e o día da Poesía.
Está toda a escola moi emocionada esperando pola visita!


No hay comentarios:

Publicar un comentario