11/9/12

Benvida¡

Damos a benvida a toda a comunidade escolar nesta nova andaina con este texto que recolle amplamente a nosa idea do traballo sobre o horto escolar. Descoñecemos a autoría pero  identificámonos co sentir:

Igual que nunha horta, se queremos ter froitos, temos que sementar antes, se queremos unha sociedade sen violencia teremos que sementar os tomates da autoestima, as acelgas do respecto, os pementos da diversidade, o millo da tolerancia, as patacas da corresponsabilidade, as cenouras da coeducación, as castañas da paridade, os allos dunha sexualidade sen tabúes, as landras das solidariedade, os repolos da xustiza, as ervillas da equidade...Pero sabemos, que non só é necesario sementar. Día a día, hai que ir sacando as malas herbas: o menosprecio, a prepotencia, a misoxinia, a intolerancia..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario