O venres, 26, estivo co alumnado de 6º curso JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Moitos e interesantes foron os momentos que pasamos con el:contounos detalles do seu proceso de escritura, do de debuxo, da creación de personaxes, da súa inspiración...e tamén obsequiounos co agasallo dos seus debuxos nos libros, na biblioteca e coa súa simpatía.
Poidemos observar os orixinais dalgunhas obras e dos personaxes de banda deseñada e descubrimos a outra faceta de pintor "científico".
Tamén quedounos claro a súa afección á lectura desde moi pequeno.
No libro de firmas da CARACOLA TOLA escribiu:
"MIL COUSAS PODEN PASAR ...SE LES"
GRAZAS, JACOBO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario