O pasado luns, 18, achegouse á nosa escola o actor ANXO MANOEL para facer rir moito.
Polo medio do seu recitado poético ía metendo poemas e versos de MANUEL MARÍA e así, a base de risa,s fomos coñecendo un chisco dos poemas do escritor da Terra Chá e algunhas consideracións sobre a lingua.
Unha demostración de como se pode aprender con moita diversión.
Queremos felicitar a ANXO MANOEL polo seu espectáculo e por facernos pasar un momento tan divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario