19/5/17

LETRAS GALEGAS 2017

ESTE ANO A CARACOLA TOLA VEN DE CELEBRAR A FESTA DA NOSA LINGUA CON DIFERENTES ACTIVIDADES ADAPTADAS AO NOSO PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO E  AO ESCRITOR CARLOS CASARES.
COMEZAMOS CUNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DO AUTOR SOBRE OS QUE SE REALIZARON DISTINTAS ACTIVIDADES



DENDE O DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN DESEÑOUSE O CARTEL QUE SERVÍU DE ELEMENTO MOTIVADOR

TOMANDO COMO INSPIRACIÓN O EDIFICIO LVIV UCRANIANO FIXEMOS O NOSO PROPIO EDIFICIO PARA RESOLVER O ENCRUCILLADO CON ELEMENTOS DA VIDA E DA OBRA DE CARLOS CASARES



" AS CASIÑAS DA LINGUA" : ESTA ACTIVIDADE FOI REALIZADA POLOS NOSOS XÓVENES ARQUITECTOS COA FIN DE BUSCAR SOLUCIÓNS PARA A MELLORA E O USO DA NOSA LINGUA. CADA CURSO DISCUTÍU E PLANTEXOUSE NOVAS PROPOSTAS DE MELLORA.











16/5/17

RECOMENDACIONES LECTORAS INFANTIL

E as recomendacións lectoras do alumnado de infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí tendes as recomendacións lectoras do alumnado de primeiro feitas polo día do libro.









28/4/17

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES SR. MORRIS LESSMORE

Canto estamos a disfrutar visualizando este marabilloso curto!!!

AS NOVAS DA CARACOLA TOLA

Xa saiu a luz o nosos folleto editado pola biblioteca " As novas da Caracola Tola" que serve de guía para visitar a exposición: relación de libros, curiosidades, actividades da biblioteca durante este curso, concurso...




CONSTRUÍNDO NOS LIBROS: UNHA EXPERIENCIA DE SU BLACKWELL

Tamén na nosa exposición ten cabida Su Backwell e a súa obra: Esta artista británica constrúe delicadas esculturas feitas de páxinas de libros e sobre os propios libros.

CANTOS LOMOS!!!

O alumnado do centro tamén colabora con esta exposición aportando o lomo do seu libro favorito para construír unha gran biblioteca.




CONSTRUÍNDO A NOSA BIBLIOTECA: UN PROXECTO POLO DÍA DO LIBRO

Este ano, para celebrar o día do libro, temos na planta baixa unha exposición relacionada co noso proxecto: a arquitectura. Está sendo bastante visitada tanto polo alumnado como polas familias que se achegan para "construír" un rato xunt@s.

31/3/17

INTERIORISTAS

O alumnado de 1º estivemos a traballar como interioristas co novo mobiliario da Biblioteca, aquí tendes os nosos deseños e como os levamos a realidade.

MAIS ANIMAIS CONSTRUTORES

Os de segundo fixemos un mural coa nosa investigación sobre as casas dos animais, para superar outro reto de Beretiño na procura de dez palabras novas.

ANIMAIS CONSTRUTORES

O alumnado de sexto preparou este libro sobre os animais e como constrúen a súa casa.

21/3/17

CONSTRUÍNDO POESÍA: CALIGRAMAS E POESÍA VISUAL

Durante toda esta semana e a seguinte, para conmemorar o Día da Poesía  estaremos a traballar sobre caligramas e poesía visual.
Xa temos o noso recuncho de presentación cos libros escollidos para que alumnado e profesorado poidan mergullarse na “plasticidade” da poesía.






17/3/17

ROSALÍATE

A Caracola Tola fixo unha adaptación da proposta da AELG  #ROSALÍATE para o cole... esperamos vos guste.

DÍA DA MULLER EN INFANTIL: MILAGROS REY

En infantil coñecimos a primeira arquitecta galega: Milagros Rey, vos deixamos unha mostra do noso traballo.



10/3/17

THE 10 MOST OVERLOOKED WOMEN IN ARQUITECTURE HISTORY

O alumnado de Primaria traballamos sobre 10 mulleres arquitectas que non recibiron o seu recoñecemento na historia.



FENÓMENOS

Dentro das actividades do día 8 de Marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo a traballar co trailer do film Fenómenos.
video



OS VENRES DA CARACOLA

O venres é o día da semana na que o alumnado de infantil visitamos a nosa amiga a Caracola Tola para o préstamo de contos.
 Aquí andamos a buscar o conto que nos apetece levar,  co noso carné a procura do número do libro, e outras actividades de animación a lectura que facemos no noso recuncho favorito do cole...

23/2/17

QUEN CASA TEN DE SEU, MEDIA VIDA TEN

Para celebrar o Día de Rosalía os departamentos de Biblioteca, Dinamización e Tics realizamos unha serie de propostas para traballar na nosa escola. 
Esta é a presentación das mesmas.



22/2/17

TRABALLANDO O ENTROIDO

Que sabemos, que queremos saber e que precisamos investigar.....un novo proxecto para darlle profundidade a esas construcións coas que vos sorprenderemos no noso Entroido.





CONFECCIÓN DE DISFRACE

As aulas do cole estivemos confeccionando os nosos disfraces nuns obradoiros internivel. Como para algunhas familias, o alumnado tivo que gardar o segredo, non vos podemos contar en que consisten....pero as fotos vos darán unhas pistas.....





VERBAS UNIVERSAIS PARA MANIFESTAR O NOSO SENTIR

Como forma de expresión, ás doce da mañan, o alumnado e o profesorado do noso centro gardou un minuto de silencio escoitando "Negra sombra", o poema de Rosalía de Castro musicado por Luz Casal e Carlos Nuñez.