2/5/20

Illas desertas

“Nacín en 1632, na cidade de York, dunha boa familia, aínda que non da rexión, pois o meu pai era un estranxeiro de Brema que, inicialmente, asentouse en Hull”. Así é como empeza Daniel Defoe a súa inesquecible historia Robinson Crusoe, e só con esas palabras déixanos saber quen é o protagonista e cales son as súas orixes. Non hai dúbida de que unha das claves para que unha historia engánche son os detalles.

Robinson Crusoe é unha desas novelas clásicas e extraordinarias que todos debemos ler. É unha autobiografía ficticia, porque Robinson Crusoe non existiu, pero está inspirada na vida de alguén que si existiu: Alexandre Selkirk, un mariñeiro escocés que quedou perdido nunha remota illa do Pacífico fronte á costa de Chile. Tamén é un libro moderno porque nos fala do colonialismo, da emigración, dos refuxiados, da escravitude e do confinamento... nunha illa perdida no medio do mar.

Na novela, Robinson Crusoe embárcase para facer fortuna, pero en metade da viaxe captúranno uns piratas e convértenno en escravo. Consegue escapar e un capitán portugués axúdalle a viaxar a Brasil. No curso das súas viaxes ten un naufraxio e só sobrevive a el logrando chegar a nado a unha illa deserta. Ou non tan deserta, porque ao cabo dun tempo de estar alí descobre que esa illa é un lugar de peregrinación para unha tribo caníbal. Durante unha das visitas desta tribo caníbal, Robinsón logra liberar a un dos seus prisioneiros, ao que chama Venres (porque o rescatou un venres), e este convértese no seu fiel compañeiro. Xuntos organizan a súa supervivencia e acaban montando unha granxa.

Robinsón pasa na illa preto de 30 anos e logra saír cando outro barco inglés, que tamén estaba a buscar escravos, o rescata e o axuda a chegar a Inglaterra. Robinsón vive uns anos en Inglaterra pero ao final decide volver á illa onde se perdeu e organizar alí un pobo. Claro, pois cando estás cos teus amigos estás menos perdido.

Este é un libro que podes atopar en moitos formatos, dende o comic ata a edición xuvenil. Anímote a que lle des unha oportunidade!

E ti? Que tal estás ti na túa illa perdida durante estas semanas que dura o confinamento? Que historias liches que che fixeron sentir como un Robinson Crusoe? Cóntamo nos comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario