Hoxe, na Biblio da Caracola Tola aprendemos e gozamos moito na primeira sesión de comunicación activa e asertiva da man das expertas Marivic (Sensei de Judo e Coach) e Olga (Psicóloga).
Caracola Tola
Blog da biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
22/5/23
CHARLA LECTURA E FAMILIAS
11/5/23
POLO CORREO DO VENTO
Hoxe tivemos na biblio da Caracolatola unha visita moi especial: “Polo Correo do Vento”.
O día das letras galegas está a caer e no Alexandre Bóveda xa estamos quentando motores.
Este ano o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego e hoxe puidemos coñecer a súa historia grazas a unha pequena biografía ilustrada de Polo correo do vento.
Dende os máis pequenos ata os medianos do cole, gozaron dunha sesión “espectacular”, así a definían algúns dos participantes.
Ademais de achegarnos á figura das Letras Galegas deste ano, axudáronnos a desenvolver un chisquiño máis a nosa creatividade e expresión artística. Antes de comezar o obradoiro escoitamos algunha voz de “eu non sei debuxar” mais os resultados amosan todo o contrario, cada un e cada unha obtivo una estupenda caricatura de Francisco Fernández del Riego!
Grazas Enrique Mauricio por agasallarnos con esa historia oral e Carlos Taboada por guiarmos no noso debuxo!
9/5/23
LECTURA E FAMILIAS
A biblioteca da CARACOLATOLA presenta... ENCONTROS NA BIBLIOTECA!!
SEMANA DO LIBRO 2023
A semana do libro está chea de actividades para desfrutar! Onte, dende a biblioteca da Caracola Tola propúxose a caracterización do noso personaxe de libro favorito.
Mirade que abanico de personaxes!
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía.
O alumnado do centro foi partícipe en numerosas actividades ao redor da poesía. Non só lemos e recitamos poemas, tamén inventamos, creaMos e ilustramos!
E ben aproveitamos a radio para recitar os poemas en directo.
8 DE MARZO NA BIBLIOTECA
Esta semana, co motivo do Día da Muller, a biblio da Caracolatola encheuse dun espírito de reivindicación da igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas.
Na biblio puidemos aprender moito sobre a historia e o significado do 8M, así como continuar descubrindo referentes femininos con xogos de mesa. Un material fantástico de lapizele.
19/12/22
Contacontos "Ciudad Riquísimo"
Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.
Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.
Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi