26/3/09

Inauguración da biblioteca da Caracola Tola

O día 18 de marzo inauguramos, por fin, a biblioteca da Caracola Tola.

Para conmemorar este día tan especial recitamos unha escolma de poemas; non faltaron os relacionados co Universo, tamén os adicados a Rosalía e, por suposto, outros grandes autores ( García Lorca, Miguel Hernández, etc).

A este acto asistiron as familias colaborando con nós no recitado de poemas e algúns representantes do Concello e da Consellería de Educación, a todos eles enviamos o noso agradecemento.

2 comentarios:

  1. Parabéns pola inauguración!!
    Co desexo de que, dende este novo espazo virtual, poidamos seguir todas as novidades da vosa marabillosa biblioteca!!
    Unha aperta moi forte en especial para todos/as aqueles/as que fixeron, co seu traballo, que esta nova biblioteca sexa unha realidade.
    E, por favor, subide, cando poidades, fotos para poder visualizar a biblioteca dende a distancia.
    Beixiños de Pilar Rodríguez, unha mestra que foi do cole.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa pola nova biblioteca e grazas polo bo traballo que facedes cos rapaces e rapazas no colexio. Moita forza para seguir nesta liña.

    ResponderEliminar