26/11/09

MÁIS SOBRE O APALPADOR

Xurxo Valcárcel, o autor do poema do apalpador que colgamos recientemente fainos a seguinte recomendación:
Vén de sair do prelo, editado por BIBLOS, un fermosísimo conto para nenos e maiores de Xoán G. co título de "O Apalpador". Se o texto é moi fermoso, as ilustracións que o acompañan non o son menos. Nel explícase de xeito precioso e sinxelo quen é, como vive nas montañas e a que se adica este personaxe máxico e bondadoso da mitoloxía do noso país.
Considéroo unha aportación fundamental na recuperación da tradición. A ter en conta como agasallo no vindeiro Nadal. Cecais poida traelo o mesmo Sr. Apalpador.


.libro


Neste enlace podedes atopar máis información.

1 comentario:

  1. Este ano veño dende O Caurel a traervos un simpático vídeo cunha canción e un baile para darme a coñecer entre @s máis pequen@s http://youtu.be/JmAfI4ucKJc Encántame ver que a miña persona se coñece cada vez máis entre as crianzas.

    Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos para a aula na web www.oapalpador.tk

    Boas festas!

    ResponderEliminar