
A Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixidas polas concelleiras nacionalistas Ánxeles Babarro e Rosa Costas, respectivamente, organizan a celebración do acto de Homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica este ano o día das Letras Galegas.
O acto contará coa colaboración do alumnado dos cursos de alfabetización de persoas adultas e de poboación inmigrante, que farán unhas lecturas da biografía e de poemas do autor, que tamén serán traducidos as diferentes linguas de orixe do alumnado (árabe, francés, e alemán).
A continuación haberá unha actuación musical a cargo do grupo Na Virada, que trae entre o seu repertorio algúns poemas de Novoneyra e que nos achegará unha visión máis humana e persoal do autor a través da relación persoal que tivo con el Xico de Cariño, un dos seus compoñentes.
Para facilitar a asistencia das nais e pais que teñan nenos pequenos, durante o acto haberá unha coidadora que se encargará da atención e coidado dos pequenos e pequenas que o necesiten, que quedarán ao seu cargo nunha sala a carón do lugar onde se celebrará o acto.
A Homenaxe a Uxío Novoneyra celebrarase o vindeiro venres 14 de maio, ás20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.
Fixestes un gran traballo co de Uxio Novoneyra.
ResponderEliminarFelicitovos.