Este ano toda a escola nos puxemos a cantar a canción "PARALÁ" de Mercedes Peón e traballando coa súa letra fomos inventando outra para as diferentes partes da da canción.
A profe de música, Raquel traballou moito con todos nós e tivo moita paciencia.
Proximamente, mostraremos o resultado do traballo totalmente rematado.
A profe de música, Raquel traballou moito con todos nós e tivo moita paciencia.
Proximamente, mostraremos o resultado do traballo totalmente rematado.
CANTIGA DA PAZ 2012
(ALUMNADO DO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA)
Pra xente que non marxina
Un saúdo para alá
Para a xente mariñeira
Un saúdo para alá
Para a xente labrega
Un saúdo para alá
Pra miña xente galega
Un saúdo para alá
Para todas as estrelas
Pra xentiña moi amiga
Pra xentiña de Chapela
E tamén pra Redondela
Para as nenas e os nenos
Un saúdo para alá
Pra todas as nosas nais
Un saúdo para alá
Para toda a boa xente
Un saúdo para alá
Especialmente as chinesas
Un saúdo para alá
E os do Brasil vinde pra aquí
Que nós imos pra alí, e máis pra alí
E as do Xapón vinde pra acó
Que nós imos pra aló, e máis pra aló
Pra xente que non marxina
Un saúdo para alá
Para os que comen o polvo
Un saúdo para alá
Para os que comen cacheira
Un saúdo para alá
E tamén os da empanada
Un saúdo para alá
Pra xente que vive en Francia
Un saúdo para alá
Para os que son alemáns
Un saúdo para alá
Para os que son españois
Un saúdo para alá
Pra miña xente africana
Un saúdo para alá
Para a xente chapelana
Un saúdo para alá
Para os que son de Trasmañó
Un saúdo para alá
Para os que son de Arealonga
Un saúdo para alá
E tamén os de Angorén
Un saúdo para acá
Pola beleza e nobreza
Para desarmar o male
Polas pegadas galegas
E pola boa vontade
Pra todos os meus amigos
Un biquiño para alá
Pra todas as relixións
Un biquiño para alá
Pra todos os que sorrín
Un biquiño para alá
Pra toda a xente pobre
Un biquiño para alá
No hay comentarios:
Publicar un comentario