30/1/17
A VIAXE DE MUNA
Dentro do traballo sobre @s refuxiados que fixemos polo día da Paz adaptamos esta canción do cd/libro "Rolf and Flor en Londres" de the Pinker Tones.
CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CON TANXARINA
Hoxe o alumnado de Primaria estivemos no multiusos de Chapela con Tanxarina, que representaban a súa obra "As bombas e o xeneral" espectáculo onde recrean con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Unha gran espectáculo!!!!!
![]() |
TANXARINA |
27/1/17
CONTACONTOS
Un ano máis o alumnado de sexto de Primaria preparou uns contacontos para a Hora de Ler dos venres. Animando a lectura os pequenos da escola!!!
26/1/17
DESEÑANDO AULAS
O alumnado de 5º e 6º estiveron deseñando as súas aulas ideais. Aquí está a súa distribución do espazo.
24/1/17
@S PERFECT@S ARQUITECT@S
Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria participamos na actividade da Afundación @s perfect@s arquitect@s, aquí vos deixamos as fotos.
EXPOSICIÓN LIBROS SOBRE O DÍA DA PAZ
Na entrada da nosa biblioteca, xa temos montada a exposición de libros relacionados con dito tema para que tod@s podamos remexer.
20/1/17
APRENDENDO XUNTOS
Xa hai uns meses que o alumnado de 6º acompañou ao alumnado de 1º para poñelos o día do funcionamento da biblioteca en Primaria e explicarlles todo o que se pode facer para disfrutar deste espacio. Unha sesión moi enriquecedora para todos!!!
MOITA MÚSICA NA BIBLIOTECA
Dende a inaguración ata o concerto de despedida para rematar o ano a música sempre nos acompaña na biblioteca. Un aplauso moi grande para os/as nosos/as artistas!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)