31/10/17

OBRA DE TEATRO : O VALO

" O Valo" é unha obra de teatro, escrita por Carlos Labraña e publicada pola Biblioteca Dramática Galega, premio  Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, escrita en homenaxe a todas as víctimas das guerras, obrigadas a abandonar a súa terra na procura de refuxio. Como Marwan, un meniño de apenas catro anos que coa súa familia cruzou o deserto fuxindo da contenda siria. El salvouse pero outr@s nen@s non tiveron tanta sorte ...
Según o autor, esta obra foi escrita para que as súas historias non caian no esquecemento e constitúan o xerme da loita contra os valos, aramados, muros e fronteiras que dividen o mundo.
O 20 de Setembro, foi representada pola compañía " PALLASOS EN REBELDÍA" no Multiusos de Chapela, no " Piñeiral do Crego". Función na que participamos xunto cos outros coles de chapela.
Estivo moi ben. Un aplauso polo autor, a obra e a compañía.

GUSTOUNOS MOITISIIIMMMOOO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario