Xa funcionan os U.A.B. (Unidade de Atención na Biblioteca) durante os recreos; hai que salientar que @s voluntari@s están levando o traballo con moita responsablidade e realizando un gran traballo. O equipo da biblioteca pode estar orgulloso deste alumnado.
En colaboración coas Seccións Bilingües do centro o alumnado de 6º fixo unha incursion no deseño de carteis para a campaña " Un poema, un libro" cos seguintes resultados.
De éxito rotundo podemos calificar a actividade "Un libro, un poema" que levamos á cabo na biblioteca da Caracola Tola co galo do Día das Bibliotecas Escolares.
Gracias a toda a comunidade escolar pola vosa participación.
Dános ánimos para seguir traballando a prol da lectura.
Ovenres 22 e o luns 25 de outubro vide preparados cunha morea de poemas, porque a Caracola Tola vos cambiará cada poema por un libro que vós escollades dos que estean no recuncho do hall da escola.
A única condición é que os poemas teñen que estar ben escritos, co nome do autor ou autora e ben presentados. Estades tod@s comvidados a participar desta actividade :nenos, nenas, familias, profes...
A través do seu proxecto " A porta do inferno" Auguste Rodin (1840-1917) abriuse ao campo das imaxes mitolóxicas, os misterios da vida, a morte, os castigos do máis alá e os heroes malditos enfrontados cos deuses. Esta visión da obra motolóxica de Rodin é a óptica da exposición inaugurada o 24 de setembro no kiosko Alfonso da Coruña. Deste proxecto xurdiron as súas obras máis coñecidas como "El pensador" ou "El beso" que poden verse nesta exposición ata o 15 de novembro.
Aínda que o Día das Bibliotecas Escolares é o día 24 de outubro, aIASL (International Association of School Librarianship),proponnos que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos.
E a nós gustounos a idea! Así que comezamos celebrándoo coas mochilas viaxeiras, que hoxe mandamos para casa.
Achegámosvos o cartel deste ano, feito polo famoso autor de cómicsMiguelanxo Prado.
Este xoves conezarán a percorrer todas as casas as mochilas viaxeiras. Hai unha mochila para cada clase. O material que inclúen é: - Un libro divulgativo sobre o espacio - Un libro para adultos - Un libro de poesía - Un libro para nen@s - Un DVD - E un caderno onde deixaremoe escritas as nosas pegadas lectoras. Esperamos que este material sexa do voso agrado e que gocedes en familia con el. Boas lecturas!
"Pintura en Acción é unha forma de entender a pintura coma unha arte viva, en constante movimiento. Unha arte actual na que destaca o valor do traballo. "
É un proxecto feito por Carmen Martín que consiste en pintar todos os cadros de unha exposición nun só día.
"A pintura é, máis ca nunca, arte contemporáneo, e quizais a expresión artística máis viva e tenaz deste. "
Estas fotos están feitas nuha sesión no zoo de Vigo.