A verdade é que o mes de maio está cheo de actividades extraescolares; onte estivemos no Festival Internacional de Títeres gozando de "Cabaré de Fíos". Nos comentarios van as críticas do alumnado de 6º curso.
O alumnado de 6º recibemos onte unha mensaxe secreta na aula pero non fomos quen de descifrala polo que quedamos moi intrigados; pero, ante a nosa sorpresa, hoxe mandáronnos outra cun código moito máis fácil; nela, lemos que o alumnado de 1ª A nos invitaba á súa clase a escoitar uns contos feitos por eles na Hora de Ler; era o seu xeito de darnos as grazas polos contos que lles contamos ao longo do curso. Xa podedes ver as caras de atención e , como non deu tempo a máis, xa voltaremos a por máis. Grazas pola sorpresa!
Comezou xa a festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas. Para consultar o programa de actividades fai click sobre a imaxe.
Imaxinamos que Daniel Nesquens pasaba pero para falarnos do libro que nos giustou tanto en 5º curso : "Ata ( case) 100 bichos" e fixemos uns carteis informativos.
Aprendimos unha morea de cousas no MOBILAB ao mesmo tempo que nos divertimos; experimentos coa luz e cos microscopios que nos asombraron. Bravo pola iniciativa!